domingo, 30 de noviembre de 2014

De mayor quiero ser...

Hola a todos, esta es mi presentación sobre lo que quiero ser de mayor.
La hice con Google Drive y me pareció fácil de realizar:
Lo primero que hice fue buscar la información necesaria para hacer la presentación. Después la hice y añadí algunos enlaces y un vídeo.
Espero que os guste, un saludo.

domingo, 23 de noviembre de 2014

Concurso "Ciencia que conta"

Hola a todos.
En esta entrada voy a publicar un relato del concurso "Ciencia que conta" del año pasado que edite para una tarea de informática. Para hacerlo seguí unos pasos:
Primero elegí uno de los relatos del concurso del año pasado. Después descargue el PDF y lo convertí en archivo RTF con la página PDFonline para poder editarlo. Luego copie el relato y lo pegue en un documento de Google donde le puse enlaces y corregí faltas de ortografía.
Y aquí esta el resultado, un saludo y espero que os guste.
A grandeza de Carolina
Marta López Gabián
IES Alexandre Bóveda (Vigo)
Ía frío naquela luminosa mañá de novembro. Tomei folgos, pois cada vez que tiña que facer unha entrevista para o periódico onde traballaba, sentía aquelas cóxegas na barriga.
O cocheiro parou diante dunha casa de tres pisos situada no mesmo centro da cidade de Hannover. Volvín tomar folgos. Petei na porta. Axiña abriu unha muller coas meixelas encarnadas. Levaba un mandil branco.
Convidoume a entrar e pasamos a unha saliña. Ardían na cheminea unhas rachas ben grosas. Ao carón do lume, agardábame unha velliña coa cara moi engurrada e un gracioso pucho cheo de puntillas e volantes. Ao verme, ergueuse cunha axilidade inusitada pois aquela muller debería roldar os noventa anos. Chamoume a atención a súa estatura, extremadamente pequena. Ao aproximarse tamén puiden observar un rostro cheo de cráteres, inequívocas pegadas da varíola. Estendeume a man e achegoume unha butaca a carón da súa. Chamou cunha campaíña a criada, que entrou nun momento. Pediulle dúas cunquiñas de té. Eu, na espera, observaba a saliña. Nun recanto durmía un piano cuberto de moreas de partituras. Sobre unha mesiña tamén vin varios libros sobre astronomía. Decatouse da miña ollada indiscreta e díxome de súpeto, con enerxía:
—A vostede gústanlle as matemáticas?
—Boeno –murmurei–, non lle podo dicir. Sonlle unhas grandes descoñecidas para min.
—Iso é o que pensa todo o mundo, pero están errados. As matemáticas están por todos lados. Son amigas que axudan a entender o noso mundo.
Dixo isto e quedou un momento cos ollos pechados.
Collín o meu pequeno caderno de notas e cun lapis na man, un pouco desconcertada por aquel arranque, atinei a dicir:
—Bonita casa.
—Era de miña nai. Abofé que é bonita pero non me trae moi bos recordos.
—Por que di iso?
Suspirou e mirou cara ao lume. Vin nos seus ollos unha tristura de séculos.
—Miña nai, como todas as mulleres deste tempo, non a culpo, pensaba que as mulleres naceran para servir na casa. E moito máis unha nena coma min, enferma, chea de varíola que nunca na vida casaría. Así que mentres meus irmáns aprendían latín, álxebra, música, a min tocábame lavar os pratos, bater as alfombras, sacar o po das lámpadas... Meu pai, excelente músico militar, decatábase da miña mirada triste cando asistía a aqueles concertos dos meus irmáns. Ás agachadas aprendeume matemáticas, que eu adoraba, pero tamén latín e, sobre todo, música. Non o crerás, pero cheguei a ser unha boa soprano.
Maldita época a nosa, pensei. Nas miñas propias carnes sabía do que estaba a falar. Unha muller periodista. Que tolemia!
—De verdade? Non sabía.
—Pero non me pidas que cante, xa teño preto de noventa anos e o peito non me dá.
Eu dubidaba se aquela afirmación tan categórica fose certa.
Abriuse a porta e entrou a criada con dous tés fumegantes nunha bandexiña.
—Graciñas, contestamos ao unísono.
—Teño entendido que vostede pasou moitos anos na Inglaterra
—Si, e daquela quedoume este meu gusto polo té. Foi unha etapa ben bonita a que pasei alá. Meu irmán, William, era o director da orquestra de Bath e convidoume a ir vivir con el. Miña nai non quería de ningún xeito, pois índome eu, ela quedaba cunha criada menos. William tivo que contratar unha muller para que fixese as tarefas que me correspondían. Así era miña nai.
—E gustáballe a astronomía?
—Pois mira, para nós era bastante descoñecida. Un día de visita en Londres, William mercou un libro chamado Astronomía dun tal Fergusson, e desde aquel momento a nosa vida mudou para sempre. Meu irmán construíu un telescopio moi fermoso, e con aquel aparello descubrimos o ceo. Débolle tanto a este meu irmán! Con el avancei no estudo da álxebra, da trigonometría, da astronomía, e tamén do inglés, claro.
—E descubriron Urano
—E moitos máis astros... Pero é certo que con Urano chegounos o recoñecemento. Aínda recordo o día, era un trece de marzo do 1781, cando William, moi nervioso, entrou na saliña e díxome coa súa voz de trono: «Caroline, acabo de ver algo no ceo parecido a un cometa. Prepara o lapis que empezamos coas matemáticas». Foron días de tolemia, porque segundo os meus cálculos, aquel obxecto celeste non cumpría as condicións dun cometa. Movíase regularmente nunha órbita case circular ao redor do Sol. Tamén descubrín que o seu perihelio estaba tan lonxe do Sol que ningún cometa coñecido por nós distaba iso. E para desconcertar aínda máis, aquel «cometa» non tiña cola. Eu non o dubidei nin un momento: aquilo non era un cometa. Aquilo era un planeta do noso sistema solar. O rei Xurxo III, grande afeccionado á astronomía, nomeou a William astrónomo real e pagáballe un salario de duascentas libras ao ano! Deixamos as nosas carreiras da música e daquela empezamos a estudar o firmamento. Como agradecemento, meu irmán bautizou o novo planeta como Estrela Xeorxiana, aínda que había algúns astrónomos que non lles gustaba ese nome. Seica tiña que ter un nome mitolóxico.
—Polo que conta, vostede foi unha peza clave, tanto no descubrimento de Urano como tamén no descubrimento de novos corpos celestes.
—Cando meu irmán estaba de viaxe eu aproveitaba, pois non me gustaba estorbalo para observar polo telescopio. Era emocionante. Decateime de que o ceo estaba cheo de cúmulos. Chegamos a catalogar máis de dous mil cúmulos. Describín nebulosas, galaxias, satélites e fun a primeira muller en descubrir un cometa. Era inevitable recoñecer a existencia no noso universo non só de planetas e cometas, había outros corpos, outras masas, lonxe, moi lonxe de nós. O home é tan insignificante, tan pequeniño e está tan perdido.
Outra vez sentín as cóxegas na barriga, pero esta vez polas palabras de Carolina Herschel. Tomei alento.
Despedinme daquela enorme muller. Unha muller que me fixo entender a grandeza do tesón e da loita do ser humano e, á vez, do humildes e minúsculos que somos fronte á dimensión do universo.

martes, 18 de noviembre de 2014

Cortometraje #culleredopolobotrato

Hola a todos.
Este es el cortometraje que hice contra la violencia de género, ya que el día 25 de noviembre es el día Internacional de la Lucha contra la violencia de género. Este vídeo lo hice con el programa Windows Movie Maker y la historia la escribí yo. Con este video pretendo que la gente se de cuenta de lo mala que es la violencia de género y que hay que denunciar si la sufres, no quedarse callado. Espero que os guste, un saludo.

#culleredopolobotrato

"Non é de cobardes pedir axuda, sempre hai alguén para axudarte."

Hola a todos, el 25 de noviembre es el día Internacional de la Lucha contra la violencia de género y este es mi tuit sobre ello.
#culleredopolobotrato

viernes, 14 de noviembre de 2014

Sketch Up

Hola a todos, este es mi trabajo con la aplicación Sketch Up. Esta es la imagen, en formato png, de la figura en Sketch Up:
Estas son las imágenes, que hicimos en clase, de la figura:
Este es el dibujo a mano alzada de las tres vistas principales de la figura:
En esta tarea, mi compañero Alejandro Lago y yo, utilizamos la aplicación Sketch Up para hacer una representación de una figura que escogimos en clase. No nos dio muchos problemas, nos pareció fácil de manejar aunque no vimos ningún tutorial de los que nos propuso el profesor. Cuando terminamos de hacer la figura, le dimos color según las diferentes vistas. El alzado lo pintamos de rojo, el perfil de verde y a la planta de amarillo. Despues la acotamos, es decir le pusimos las medidas, y la exportamos a formato png. Y eso es todo, un saludo.